terça-feira, 16 de novembro de 2010

O templo de Ramsés II en Abu Simbel


Coñecido como "O Templo de Riamsese-Meryaumun", foi construído por Ramsés II e iniciado a comezos do seu reinado.

O templo ábrese cun pórtico que conduce a un atrio e unha terraza, onde se atopa a impresionante fachada, escavada na rocha, na que están os famosos colosos de Ramsés II. Estes están acompañados de pequenas figuras, colocadas entre as pernas, que representan aos seus parentes. O templo erexiuse aproveitando as cavidades existentes, agora adicadas a divinidades locais, e agrandando a planta para adaptala ás novas necesidades. Só aparecen citas de Ramsés II, salvo un escrito de Siptah, alabando aos deuses, que se atopa na parede norte da entrada.



A construcción foi planificada de forma que dúas veces ao ano, cando o sol saía polo horizonte, os seus raios penetraban pola porta e tras proxectarse nunha gran sala de oito columnas, no vestíbulo e no santuario incidían sobre as catro estatuas do nicho de parte superior que se iluminaban por completo. Este fenómeno coñécese como a "Perpendicular do sol sobre Abu Simbel". Dura aproximadamente vinte minutos e non ten ningún tipo de relación coas datas do nacemento e a coroación de Ramsés II como se cría. Trátase dun fenómeno único do templo que mostra a gran creatividade arquitectónica dos antigos exipcios, que querían mostrar e asegurar a relación entre o Templo e o Sol.

http://elviajero.elpais.com/articulo/viajes/Sen-en-Mut/camara/secreta/elpviavia/20100424elpviavje_8/Tes


O Templo de Ramsés II é o máis grande que este faraón mandou construír en Nubia. Abu Simbel significa "montaña pura" e está situada á marxe do río Nilo.




Os dous templos que se atopan en Abu Simbel foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979. Actualmente debido á axuda internacional que fixo posible o traslado de ambos templos a un terreo máis elevado canso se levou a cabo a construcción da presa de Assuán, este monumento continúa sendo un dos máis famosos e impresionantes de todo Exipto.

Sem comentários:

Enviar um comentário