sábado, 6 de novembro de 2010

AUGUSTO DE PRIMA PORTA

Quen foi Augusto?


Caio Julio Cesar Augusto foi o primeiro emperador de Roma. Convirteuse en heredeiro de Julio Cesar tralo seu asasinato. Xunto con Marco Antonio e Lépido conformou unha ditadura militar coñecida como o Segundo Triunvirato, gobernando Roma e a maior parte das súas provincias. Convirteuse no emperador romano co mandato máis longo da súa historia. Por lei, Augusto contaba con toda unha colección de poderes perpetuos conferidos polo Senado, incluíndo aqueles relativos ao tribuno da plebe e ao censor

O seu poder foi crecendo gracias aos recursos obtidos das suas conquistas, creando relacións de clientela ao longo del Imperio Romano. O control de Augusto sobre a maioría das lexións de Roma existentes supuxo unha ameaza armada que podía ser usada contra o Senado, permitíndolle desta maneira coaccionar as decisións do mesmo. Con este poder para eliminar a oposición senatorial mediante o uso de armas, o Senado pasou a adoptar un perfil dócil cara o seu estatus soberano. O seu mandato por medio do clientelismo, o poder militar e a acumulación dos cargos propios da extinta República, convirteuse no modelo a seguir para os posteriores gobernantes.

O mandato de Augusto inagurou una era de paz relativa coñecida como a Paz Romana ou Pax Augusta (na sua honra). Salvo polas constantes guerras fronteirizas, e coa excepción dunha guerra civil de sucesión imperial que durou un ano, Roma gozou dun ambiente pacífico durante máis de dous séculos. De igual forma, Augusto expandeu o Imperio Romano, asegurando as fronteiras mediante a subordinación a Roma das rexións circundantes.

Trala sua morte, o Senado divinizouno. A xeito de legado, os seus nomes, César e Augusto, serían adoptados por todos os emperadores posteriores e, o mes de Sextilis, sería renomeado como Agosto na sua honra.


O Augusto de Prima Porta



Recibe o nome de Augusto Prima porta polo lugar onde foi atopada a comezos do século XIX: Villa Augusto, un pequeño palacete en Prima Porta, ás aforas de Roma Roma, onde ao parecer se retirou Libia, a terceira muller de Augusto, ao morrer él no ano 14 d. C. Hoxe exponse nos museos vaticanos.

Octavio aparece representado como xefe militar, thorachatus, portando unha coraza que orixinalmente se atopaba policromada, ao igual que a totalidade da escultura. Podemos observar a continuación unha fotografía ilustrativa onde se recrea o que puido ser a obra policromada.


Trátase dunha escultura de bulto redondo e corpo enteiro que mide dous metros de alto e está realizada en mármol, aínda que posiblemente se trate da copia dunha obra anterior en bronce. O retrato oficial dos emperadores romanos convirteuse nun instrumento de propaganda, coa evidente función política de exaltar as glorias do emperador ante o pobo. Asi pois, Augusto móstrase ante nós como un ser excepcional, equiparable aos antigos héroes mitolóxicos e incluso aos propios Deuses do Olimpo, un ser humano e divino ao mesmo tempo. De feito, o emperador aparece descalzo, como adoitaban facer os antigos héroes olímpicos e un cupido, herdeiro da deusa Venus, cabalgando sobre un delfín abrázalle unha perna, feito que nos remite á inmortalidade.

A imaxe idealizada de Augusto, pola súa disposición e carácter, remítenos a Policleto. Nela apréciase ese marcado contraposto que equilibra a figura e que leva, ao emperador, a flexionar a perna esquerda ao tempo que ergue o brazo dereito, portando co esquerdo o bastón de mando consular. Incluso a coraza reflicte os músculos do torso, que nos remiten de novo á imaxe do Doríforo. Vístese de militar e, aínda que os rasgos idealizados do mandatario son patentes, o retrato non está exento de certo realismo que fai que poidamos identificar á personaxe. O típico flequillo do emperador, que observamos repetidamente en moitos outros retratos seus, ou a representación do rostro atópanse aquí claramente definidos e remítennos ao verismo que caracteriza o retrato romano, aínda que durante a época imperial sempre matizado por esa idealización da que vimos falando.



A coraza imperial exalta tamén as glorias de Octavio. No centro aparece o deus da guerra, Marte, recibindo as insignias dun embaixador. As dúas mulleres, sentadas a ambos lados, simbolizan as provincias pacificadas de Hispania, á nosa esquerda, e da Galia á dereita.


Na parte superior da coraza, que se correspondería co peito, aparece a representación do carro do sol guiado pola aurora. Do outro lado atopamos a alba. Nos tirantes que suxeitarían a coraza aos hombreiros do emprerador emplázanse sendas esfinxes aladas, animais mitolóxicos que, se os lembramos nos palacios reais asirios, defendían a entrada e simbolizaban o poder. Na parte inferior da coraza, os deuses romanos Apolo e Diana flanquean a unha imaxe da terra co corno da abundancia.




Fontes consultadas

http://pincelyburil2.blogspot.com/2010/10/augusto-de-prima-porta.html

http://aprendersociales.blogspot.com/2008/11/augusto-de-prima-porta.html

http://enelvallearte.blogspot.com/2009/11/augusto-prima-porta.html

Sem comentários:

Enviar um comentário