O Crómlech de Stonehenge é un dos monumentos máis impresionantes do megalítico. Atópase no condado de Wiltshire en Inglaterra. O termo megalitismo procede das palabras gregas mega (μεγας), grande, e lithos (λιθος), pedra. O megalitismo encádrase no periodo neolítico, iniciándose a mediados do V milenio a.C. e xeralizándose por toda Europa ata comezos da Idade de bronce, no II milenio a.C.
O crómlech é unha das tipoloxías de monumentos do megalítico, consistente nun conxunto de pedras en forma de círculo asociado ao culto ao sol. Os crómlechs, como todos os monumentos megalíticos, tiñan esencialmente un carácter funerario, funcionaban como necrópoles. A súa peculiar disposición e a extraordinaria monumentalidade e complexidade, fixeron pensar tamén a moitos estudosos na posibilidade doutro tipo de funcións como templos ou lugares de reunión comunitaria.
O primeiro texto que menciona este lugar con exactitude atópase na Historia Regnun Britanniae do clérigo Geoffroy de Monmouth (1136), un dos autores do ciclo artúrico. Stonehenge é, según él, unha creación do druída Merlín quen, grazas á maxia e aos seus poderes mentais, trouxo as pedras dende Irlanda, onde eran coñecidas como o "anel do Xigante". Logo empregou as propias forzas do lugar para facer aparecer o dragón.
Según a máis difundida destas historias, Stonehenge naceu cando o mítico Mago Merlín lle aconsellou ao Rey Arturo que, para erixir unha obra que durase por sempre, enviara a buscar á Danza dos Xigantes -unhas montañas ubicadas en Irlanda -as máis grandes pedras que existiran, e construíra con elas un santuario que o tempo non podería dañar nin eliminar. Esto provocou unha guerra, posto que o Rey Gillomán de Irlanda non estaba disposto a permitir que os británicos se levaran as pedras. Sería tamén neste lugar onde todos os nobres de Inglaterra prestaron juramento ao rey Arturo.
Os autores británicos John Aubrey e William Stukeley, a finais do século XVII e a principios do XVIII, contribuíron fortemente a mantener a imaxen de Stonehenge como un templo druídico.
Outras tipoloxías de monumentos megalíticos son o menhir, pedra alongada cravada no chan, os aliñamentos, filas de menhires xunto a unha tumba, ou o dolmen, estrutura de carácter funerario formado por pedras verticais que sosteñen unha horizontal. En Galicia atopamos numerosos exemplos como o de Dombate ou Axeitos. O debuxo que aparece a continuación ilústranos sobre o proceso de construción dun monumento megalítico.
http://vizerra.com/es/locations/stonehenge
http://documentaleshistory.blogspot.com/2010/08/misterios-sin-resolver-stonehenge.html
http://www.fromoldbooks.org/OldEngland/pages/0002-Stonehenge-Restored-plan/1165x1066-q85.html
http://documentaleshistory.blogspot.com/2010/08/misterios-sin-resolver-stonehenge.html
http://www.fromoldbooks.org/OldEngland/pages/0002-Stonehenge-Restored-plan/1165x1066-q85.html
Sem comentários:
Enviar um comentário