quinta-feira, 24 de novembro de 2011

70 Million de Hold Your Horses

Video musical que recrea as seguintes obras de arte:

1. A Última Cea 2. O Nacemento de Venus 3.Lección de Anantomía do Doutor Tulp 4. Retrato de Enrique VIII, Rei de Inglaterra, 5. A Moza da Perla 6. A Balsa da Medusa 7. A Morte de Marat 8. A Creación de Adán na Capela Sixtina 9. O fillo do Home 10. Composición con gran superficie de vermello, amarelo, negro, gris e azul 11. Autorretrato Frida Kahlo 12. Dora Maar sentada 13. O Berro 14. Autorretrato con Orella vendada 15. Marilyn Monroe Gabrielle d' Estrées con unha das suas irmás 17. Maestà 18. A Decapitación de San Xoán Bautista 19. Olimpia 20. A Libertade Guiando ao Pobo 21. Sylvia Van Harden 22. O Bico 23. A Mariée 24. As Meninas 25. Os Xirasois

terça-feira, 8 de novembro de 2011

Eu son Dánae

Dánae. Rodin
 Eu son Danae. Núa caía no leito come
bianca neve scende senza vento.
E chegou segredo coa fúlgura
convertido en moedas de ouro que caíron
sobre de min, e arredor, e no chan.
Díxose a si mesmo unha voz e aquel ouro de ceca
arremuiñouse nun amén e fíxose o varón.
Atopoume virxe, sucoume e sementou.
Bebeume, como quen se deita con sede sobre un río.
Pro, o pasado pasado.
Agora vou vella, e nun reino de columnas derrubadas
vou e veño por entre os cipreses e as pombas.
Téñenme por tola, e coidan que minto
cando digo que fun desvirgada por Zeus.
Pra burlarse de min chinchan unha moeda no mármore
e eu coido que el volve, e tiro a roupa
e déixome caír núa na herba come
bianca neve scende senza vento.
Nin escoito as súas risas. Xa vou vella
pro nunca puiden saír daquel soño de antano.

Álvaro Cunqueiro