sábado, 4 de dezembro de 2010

Tutankamón en Internet

"Posuirei o meu corpo para sempre, pois non me corromperei, non me descompoñerei, non me pudrirei, non me agusanarei". O conxuro 154 do Libro dos Mortos expresa a obsesión dos antigos exipcios por pervivir no outro mundo.

A rede recolle miles de documentos de Howard Carter sobre o descubrimento da tumba, dixitalizados polo Griffith Institute de Oxford e postos á disposición de todo aquel que queira consultalos. Así recolle a nova o Xornal El País e nós damos conta dela, hoxe, neste blogue.
Tutankamón foi un faraón exipcio da XVIII dinastía, xenro de Amenhotep IV, que restauraría o culto a Amón. A súa tumba foi atopada no Val dos Reis no 1922.

A pesar de que o reinado de Tutankamón foi breve e non tivo a relevancia doutros como Tutmosis III ou Ramses II, o descubrimento da súa tumba tivo moita relevancia debido á gran riqueza arqueolóxica que posuía. O descubrimento da tumba, case intacta, supuxo unha aportación fundamental para a comprensión da historia e da cultura exipcias.


Foi o Griffith Institute de Oxford quen recolleu, nunha base de datos, notas, diarios, fichas de excavación dos 5.398 obxectos que foron atopados na tumba deste faraón e, tamén, fotografías de Harry Burton, o seu acompañante coa cámara.
A rede acolle agora miles de documentos de Howard Carter sobre o descubrimento da tumba. A web, a disposición de quen queira consultala, denomínase TutanKhamun: anatomy of an excavation e atopámola na seguinte ligazón: http://www.griffith.ox.ac.uk/gri/4tut.html





Sem comentários:

Enviar um comentário