sábado, 4 de dezembro de 2010

Tutankamón en Internet

"Posuirei o meu corpo para sempre, pois non me corromperei, non me descompoñerei, non me pudrirei, non me agusanarei". O conxuro 154 do Libro dos Mortos expresa a obsesión dos antigos exipcios por pervivir no outro mundo.

A rede recolle miles de documentos de Howard Carter sobre o descubrimento da tumba, dixitalizados polo Griffith Institute de Oxford e postos á disposición de todo aquel que queira consultalos. Así recolle a nova o Xornal El País e nós damos conta dela, hoxe, neste blogue.
Tutankamón foi un faraón exipcio da XVIII dinastía, xenro de Amenhotep IV, que restauraría o culto a Amón. A súa tumba foi atopada no Val dos Reis no 1922.

A pesar de que o reinado de Tutankamón foi breve e non tivo a relevancia doutros como Tutmosis III ou Ramses II, o descubrimento da súa tumba tivo moita relevancia debido á gran riqueza arqueolóxica que posuía. O descubrimento da tumba, case intacta, supuxo unha aportación fundamental para a comprensión da historia e da cultura exipcias.


Foi o Griffith Institute de Oxford quen recolleu, nunha base de datos, notas, diarios, fichas de excavación dos 5.398 obxectos que foron atopados na tumba deste faraón e, tamén, fotografías de Harry Burton, o seu acompañante coa cámara.
A rede acolle agora miles de documentos de Howard Carter sobre o descubrimento da tumba. A web, a disposición de quen queira consultala, denomínase TutanKhamun: anatomy of an excavation e atopámola na seguinte ligazón: http://www.griffith.ox.ac.uk/gri/4tut.html





sexta-feira, 3 de dezembro de 2010

O Profeta. Mónica Alonso


O Profeta. Mónica Alonso

Talla en Madeira. 1991.

O Profeta é unha obra da escultora fonsagradina Mónica Alonso, está tallado en madeira e representa a un home de idade avanzada, vestido con cores vivas, longas e amplas, que descansa a man sobre o peito. Trátase dunha representación do seu avó, observado como un home sabio, bo e con experiencia, ao que relaciona cun profeta. A cor viva das súas roupas, a vestimenta verde e a capa vermella, está relacionada coa natureza e o mundo ecolóxico, aspecto este moi de actualidade.


Os profetas eran homes sabios que predecían acontecementos futuros, ben interpretando sinais, ben a través de revelacións sobrenaturais froito de contactos coa divinidade. Neste senso, poderíase entender a obra como a representación dunha persoa xa madura e sabia que transmite uns valores éticos de coidado e respecto pola natureza, polo medio no que vivimos. Así mesmo, se relacionamos as ideas de preocupación pola natureza e o medio ambiente coas que nos trae o propio significado de profeta, veñennos á memoria as ideas panteístas que entenden a natureza, o universo, como un todo equivalente á divinidade, polo que o profeta anunciaría, revelaría á humanidade, a mensaxe dese Deus- Natureza.

Así pois, podemos entender a figura do profeta como un sabio que exerce de intermediario entre a natureza e nós, avisándonos dese futuro incerto ao que conduce o feito de non respectar as leis naturais. Máis preséntase ante nós cunha apariencia alegre, e ataviado cunha vestimenta floreada de cores vivas. A importancia da cor é significativa ao longo da obra de Mónica Alonso. Nas súas instalacións, ten estudado o emprego das cores no espazo, como transmisoras de sensacións e incluso como terapia.

O profeta de Mónica leva a man dereita no peito, cruzada e apoiada preto do corazón, xesto que transmite humanidade e que podemos entender como unha actitude de emoción e sentimento que se corresponte con esa amabilidade e dozura que transmiten as súas maneiras. O seu rostro serio e sereo fálanos de sabiduría e intelixencia, máis tamén humanidade e paz.

Ao longo da historia da arte foron moitas as ocasións nas que puidemos ver representadas as figuras dos profetas, dende as portadas das catedrais medievais en pedra, recordamos o xesto sorrinte do profeta Daniel en Compostela, ata as vangardas coa escultura en ferro de Gargallo.

O profeta de Gargallo é unha impoñente figura que destaca pola súa simplicidade e, ao mesmo tempo, complexa estrutura na que se intenta esculpir o vacío dando forma ao volume. Sen pretender facer unha figura abstracta, Gargallo acentúa os rasgos expresionistas, sempre axustados ás formas cubistas nas que o artista se desenvolve. Máis, o noso profeta difire deste, no xesto, na maneira. O profeta de Gargallo é un home ameazante cunha man levantada e gritando, mentres coa outra suxeita o bastón. O profeta de Mónica, pola contra, destaca pola súa actitude serea e pausada que nos transmite un carácter dulce , fronte á dureza e agresividade da figura de Gargallo.

En canto ao seu estado, ao tratarse dunha figura esculpida en Madeira, presenta diversas fisuras que se poden deber á humidade que afecta ao material. Así, presenta numerosas brechas por todo o corpo, salientando unha moi profunda nas costas. Neste senso, a súa conservación é bastante precaria, pódendose observar nela fendas, fisuras e desgastes.

Mónica Alonso estudou Belas Artes en Salamanca e, coa tese “O espazo doméstico na escultura contemporánea”, doutorouse pola Universidade de Vigo. Cun extenso curriculum, as súas obras expuxéronse en Museos e coleccións dende A Fonsagrada, ata Barcelona, Roma ou Munich por poñer algúns exemplos. Precisamente, a obra que vimos de comentar atópase no Museo Comarcal da Fonsagrada, pobo do que, como xa dixemeos anteriormente, é natural a artista.

Miriam e Valeria


O MUSEO COMARCAL DA FONSAGRADA

http://www.aaviladonga.es/croa/croa09_museo_fonsagrada.pdf


A orixe do Museo remóntase ao ano 1983. Foi un grupo de veciños da Fonsagrada os que consideraron a posibilidade de crear un museo a partir dunha pequena colección de pezas arqueolóxicas e etnográficas coas que contaban. Foi no 1984, cando se constituiu legalmente o Patronato do Museo, integrando ao Concello, aos CEIP e ao actual Instituto Fontem Albei de secundaria. O alcalde da Fonsagrada, como vicepresidente, e o Concelleiro de cultura están entre os doce membros que compoñen a Xunta Rectora do Patronato.

Dende os seus comezos ata o 1992 o museo situouse nunha ala do edificio das antigas escolas municipais da vila, hoxe desparecidas. Dende esta data ata o 1995, debido á falta de entendemento co concello, o Museo tivo que ser trasladado a un local particular de escasa superficie, pasando a funcionar como mero almacén, sen abrirse ao público. Tiveron que pasar tres anos ata que a Corporación Municipal, elixida nese 1995, ofrecera ao museo o actual emplazamento, un inmoble que viña funcionando como ambulatorio da seguridade social, que contaba cunha superficie de 700 metros cadrados.

Así, o museo actual conta con tres plantas. A planta baixa dedica unha das súas salas á etnofrafía, con pezas que recrean a cociña tradicional e una forxa. Por outra banda, existe outra sala onde se expoñen obras de arte contemporánea, na súa meirande parte de artistas locais, xunto con algúnha peza herdada da tradición, recollida no concello da Fonsagrada. Nela o visitante poderá botar unha ollada, dende o local, á constante comunicación entre tradición e a modernidade.

A primeira planta do inmoble dedícase enteiramente a mostra de pezas etnográficas, organizadas por oficios. Así, atopamos a labranza, a serra, apeiros para a recollida das castañas e para a produción de mel, o tecido, o cultivo e traballo do liño, os oficios de zapateiro, zoqueiro ou barbeiro e, tamén, unha peqena mostra de instrumentos musicais da zona: tobas, violíns ou birimbaos. Existe ademáis unha pequena sala na que se recrea una antiga escola.

Por último, na segunda planta, atopamos unha sala onde se expoñen restos arqueolóxicos e maquetas que recrean vivendas, muíños e diversos exemplos de arquitectura tradicional. Dedícase, tamén, nesta mesma planta, una sala a exposicións temporais e existe unha dependencia dedicada a oficina.

A colección do museo é permanente, exceptuando as pezas das exposicións temporais. Durante o percorrido, entre as moitas pezas de caracter etnográfico do museo, intercálanse obras de artistas contemporáneos, sempre en relación cos contidos expostos.

O concello da Fonsagrada non é alleo aos procesos de transformación que, dende xa fai décadas, sofre o mundo rural. O Museo intenta mostrar, aos veciños da Fonsagrada e a todos aqueles que o visiten, eses procesos de cambio que se fan visibles no seu entorno. Neste senso, unha das súas finalidades é o estudo e conservación do patrimonio cultural deste concello, para dar a coñecer a evolución sufrida dende as formas de vida e traballo tradicionais, moitas xa esquecidas, ata a actualidade.

Os redrollos Dexovados visitamos o museo neste mes de Outubro. Con motivo desta visita realizamos as seguintes actividades:

Buscamos, ao longo das diferentes salas do museo, pezas procedentes daqueles lugares do concello, próximas a onde nós vivimos e por onde pasan as rutas que estamos a realizar.

Visitamos a sala de exposicións temporais, onde atopamos a obra de Armando Portas Valiño, nunha exposición titulada “A chatarra elevada a escultura”, observámola e opinamos sobre ella. Contestamos a unhas preguntas sobre da mesma, nunha ficha que nos proporcionaron as profesoras e, cando chegamos ao centro, metémonos en internet para atopar outros artistas que tamén investigaran con novos materiais nas súas esculturas, coa fin de crear novas sensacións por medio de texturas, formas, movemento, etc. Estes eran: Jean Tinguely, Arman, César ou Nam June Paik.

quarta-feira, 1 de dezembro de 2010

Templo de Atenea Niké (Niké Áptera)



A idea de construír este pequeno templo na Acrópole de Atenas, surxiu en 449 a. C. despois da paz cos persas. Con todo, Pericles opuxose ao levantamento do mesmo e non comezaron as obras ata 421 a. C. O proxecto foi confiado a Kalíkrates, que proxectou un templo da orde xónico que se adaptase ao pequeno espazo que lle foi concedido, a través da eliminación do pronaos e que dá acceso á cela o aspecto dun templo in antis. Un verdadeiro alarde de perspicacia e sensibilidade, ao que debemos engadir o encanto da orde xónica, que fai o templo de Athena Nike cobre un aspecto de tipo divertido de miniatura entre os impoñentes edificios dóricos.


A análise formal:


O templo de Athena Nike é un templo de pedra pulida, de orde xónica (s. VI aC). Construído sobre a Acrópole de Atenas, na era arcaica (s. VII - V aC), homenaxe á deusa Atena. Anfipróstilo na planta, polo tanto, consiste nunha cella ou naos, sala onde se garda a imaxe da divindade. A cela está dividida en dúas salas, a pronaos a través do cal se accede a cella, que é liderado por catro columnas. E o opisthodomos ou corredor, detrás da cela onde se fan ofrendas á deusa. Está separado da cela por un muro que impide a comunicación, tamén presidido por catro columnas. Sitúase enriba dun pedestal de catro chanzos, a última chamada estilobatosobre o que se asentan as columnas. As columna (elemento de sustentación), sobe dunha base sobre a que repousa é fuste fino e estría morta.

O capitel da columna está formado por un collarino, volutas e ábaco, sobre o que descansa o entablamento.

o entablamento, (elemento sostido), encontramos en primero lugar arquitrabe, formado por tres franxas paralelas. Encima del encontramos o friso, decorado con relevos e na parte superior a cornixa, moi elaborada, a partir da cal descansa o frontón.

O frontón no se aprecia nesta arquitectura, pero sabemos que ten unha forma triangular, o espacio do interior (tímpano) podía estar decorado con figuras e os vértices deste decorabanse con acróteras (figuras) e con algunhas gárgolas.







O significado do templo de Athena Nike é relixioso, a partir da cal poderían facer ofrendas á deusa Atena, no vestíbulo detrás da cella (opisthodomos). As súas influenciasanteriores veñen do arcaico (s. VII - V Ac) coa orde dórica (século VIII aC) e as influencias posteriores danse no período clásico (s. V - IV aC), coa orde corintia (s. VI aC).