O cineasta grego Costa Gavras amósanos a accidentada vida do Partenón e das súas esculturas, que hoxe se poden ver no British Museum.  Esta pequena curta documental, que se proxecta no Museo da  Acrópolis  de Atenas, recolle tamén "A Maldición de Minerva", poema onde Lord Byron  critica o expolio das esculturas do templo por parte dos británicos no  século XIX.
Para  saber máis arredor da historia deste templo podedes ler a continuación o  seguinte artigo, onde atoparedes tamén o poema de Byron traducido: García-Aragón http://www.eens.org/EENS_congresses/2010/Garcia-Aragon_Alejandro.pdf